ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

O CCA O Barco busca modelos para a súa Pasarela de Moda, prevista para o 15 de abril

Imaxe dunha edición anterior da pasarela de moda O Barco CCA./ Foto: O SIL.

 

A Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco vén de anunciar a data para na que se celebrará unha nova edición da súa Pasarela de Moda. O evento, que mostrará as novidades no sector téxtil e complementos dos comercios asociados, terá lugar o sábado 15 de abril de 2023.

Hoxe mércores, 15 de marzo, ábrese o prazo para inscribirse como modelo na Pasarela de Moda. Poderá anotarse calquera persoa, tanto nenos/as como adultos, que queiran converterse en modelos por un día.

As inscricións realizaranse a través do formulario de Google: https://forms.gle/YfgobvriyKft6WzQ6 na oficina da asociación (rúa España, 1, O Barco).A edición 2023 da Pasarela de Moda conta co apoio económico de a Deputación de Ourense, principal patrocinador do evento; ademais do Concello do Barcocomo entidade colaboradora.

Artigos relacionados

Back to top button