Este ano a Asociación Centro Comercial Aberto O Barco regala un chaveiro (ata fin de existencias) para festexar o Día do Pai, coa campaña “Con P de Pai” que terá lugar o martes 19 de marzo en horario de 10:30 a 13:30 horas no stand do CCA que estará ubicado na praza do Concello.
Para facerte co chaveiro “é obrigatorio presentar un tícket de compra dalgún establecemento asociado ao CCA O Barco, con data do mesmo día”, indican dende a asociación, adiantando que serán depositados nunha urna para participar nun sorteo de dous vales de compra por valor de 50€ cada un, para investir nos establecementos asociados.
O sorteo celebrarase o mércores 20 de marzo, ás 13 horas, na oficina do CCA O Barco. As persoas premiadas serán avisadas por teléfono e o seu nome será publicado en redes sociais.