EconomíaEconomíaÚltima hora

O CCA O Barco sorteará un vale de 100 euros polo Día da Nai e agasallará con plantas aos clientes

O vindeiro venres 29 de abril porá en marcha a campaña "con N de Nai"

 

A Asociación Centro Comercial Aberto ( CCA) O Barco celebrará o Día da Nai coa campaña de dinamización “con N de Nai”, que busca premiar aos clientes e promocionar o sector comercio e hostaleiro asociado.

O CCA O Barco instalará, durante o venres 29 de abril, en horario de 10:30 a 13:30 horas na Praza do Concello, unha caseta á que poderán achegarse os clientes dos establecementos asociados e depositar os seus tíckets de compra, cun nome e un teléfono de contacto, nunha urna.

Os tíckets deberán corresponder ás compras realizadas durante a semana do 25 ao 29 de abril. Entre todos os participantes sortearase, ao azar, un vale de compra por valor de 100€ para investir nos negocios asociados ao CCA O Barco. Ademais, a asociación entregará aos clientes, que depositen o seu tícket de compra na urna, unha pequena planta como agasallo (ata fin de existencias).

O sorteo celebrarase o martes 3 de maio, ás 13:30 horas. Os premiados poderán recoller o seu premio na oficina do CCA O Barco ( c/ España, 1) a partir do mércores 4 de maio, en horario de 8:00 a 15:00 horas.

Os establecementos poderán gardar os tíckets dos seus clientes correspondentes ás compras do venres 29 de abril en horario de tarde e entregalos, antes da celebración do sorteo, na oficina do CCA O Barco, tal e como informa esta entidade.

Artigos relacionados

Back to top button