OurenseÚltima horaVídeos

O CD Arenteiro imponse ao Ourense CF no primeiro derbi provincial da tempada, no Couto

 

Malia xogar na cidade das Burgas, no reformado Estadio do Couto, a experiencia na categoría e a situación na táboa facían ao CD Arenteiro favorito do derbi provincial que na tarde deste domingo 20 de outubro o enfrotaba ao Ourense CF, e non defraudou.

 

 

Diante dunha gran entrada, con numerosos afeccionado de ambos equipos nas bancadas ourensás, eran os verdes os que se adiantaban no marcador co gol de Diego Gómez intres antes de rematar o primeiro tempo.

Tralo paso polo vestiario, os de Rubén Domínguez reaccionaban e intensificaban o xogo pero os gardametas de ambos equipos lograban defender as porterías rematando o encontro co 0-1 final.

 

O presidente do Ourense CF, Camilo Díaz.

 

Fotos: O SIL.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button