Continúa a boa racha para o CD Barco de Preferente Futgal que na tarde deste domingo 13 de outubro, asentábase no alto da clasificación tras vencer 3-0 ao Xuventude Cambados.



En plena forma e co ánimo moi alto tras vencer 0-6 ao Rápido de Bouzas, saltaban ao terreo de xogo no campo municipal de Calabagueiros os rapaces de Lino Estévez, pousando para a foto de familia coa camiseta morada da Carreira contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín á que sempre amosan o seu apoio.

Xa en pleno partido era Javi Pazos que abría o marcador para os vermellos co primeiro gol do encontro ao transformar un penalti no minuto 15. Pouco despois, no 38′, Manu marcaba o segundo para o Barco poñendo a bancada en pé. Co 2-0 chegaba o descanso e xa na segunda parte, pouco antes do final do encontro, rozando o minuto 90 Ariel sentenciaba o encontro co 3-0.

Fotos: O SIL.



