CD BarcoDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco apura a posta a punto para o comezo da liga

1-0 perdían os de Manolo Pérez no segundo amigable deste curso disputado no campo do Bañeza FC

 

A pouco máis dunha semana para que comece oficialmente a liga 2020/2021 en terceira división (se a situación sanitaria non o impide) o CD Barco emprégase a fondo para chegar á competición na mellor forma posible.

A situación é peculiar. Niguén se vira antes noutra igual, pero as ganas de xogar e de recuperar canto antes e na medida do posible certa normalidade, fai que a xente intente recuperar rutinas. Os de Manolo Pérez así o fan adestrando e intentando xogar os amigables que poden para poñer a proba o aprendidos nos adestramentos. Pero son poucos. En realidade dous. E fóra do Barco de Valdeorras.

 

Man a man entre Rubén García e o defensa leonés.

 

O primeiro disputábano o pasado domingo no campo do Atlético Bembibre ao que superaban por 2 goles a 3 e o segundo e seguramente último (tiñan outro programado para o xoves no campo da UD Ourense que foi suspendido por precaución), xogábano de novo en terras leonesas, desta volta no campo La Llanera contra La Bañeza FC.

Foi un amigable en toda regla. Un partido tranquilo entre dous equipos de terceira división sen máis pretensión que rodar o balón e prepararse para o inminente comezo da liga. Tras unha primeira parte boa con ocasións para ámbolos dous equipos pero sen goles, no minuto 60, xa tralo paso polo vestiario, Yordan marcaba para os locais ao aproveitar un rechace do porteiro.

O marcador xa non se movería e co 1-0 remataba o enconro celebrado con público e altas medidas de seguridade anticovid.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button