Na tarde deste sábado 31 de agosto, pechando o mes, o CD Barco pechaba tamén a pretempada co último partido amigable contra o Ponferradina B. Un partido que se saldaba coa vitoria local por un contundente 4-0 cos goles de Cuña, Pazos, Carlos Cruz e Roger.

Con todo, o máis destacado da tarde no campo municipal de Calabagueiros era a presentación oficial do CD Barco B. O Centro de Deportes Barco conta por primeira vez nos seus 50 anos cun equipo filial que baixo a dirección de Ricardo Prada comezará a tempada en Terceira Futgal na fin de semana do 21-22 de setembro.

A estrea deste equipo que conta cun amplo plantel, será en casa contra O Irixo.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.



