CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco cae 1-2 ante o Atlético Arteixo, en Calabagueiros

 

Non pudo ser. O partido desta tarde de domingo en Calabagueiros era especial e máis que nunca o CD Barco quería celebrar a vitoria do equipo, pero foi posible.

 

Mensaxe de ánimo a ‘Petete’ por parte do CD Barco.
Plantel do Atlético Arteixo.
O novo míster do CD Barco, Cándido Gómez, no banquiño.

 

O CD Barco-Atlético Arteixo era o partido elixido pola directiva para convidar aos nenos e aos seus pais ao campo, repartindo 5.000 entradas entre os clientes do comercio asociado ao CCA e nos centros educativos de Valdeorras, Viana do Bolo, Trives, Manzaneda, Quiroga e Puente Domingo Flórez. Era tamén o primeiro partido para os novos responsables deportivos do club, o adestrador Cándido Gómez e o director deportivo, José Antonio Rodríguez, presentados hai apenas catro días. Pero ningún dos dous motivos impediu que o equipo valdeorrés caera derrotado ante os coruñeses.

 

 

Era O Barco quen se adiantaba no marcador grazas ao gol de Alejandro Rey no minuto 27 rematando a primeira parte co 1-0 no marcador, pero a segunda parte era para os visitantes que marcaban no minuto 52 e no 65′ deixando desolada a afección barquense.

 

 

Con esta derrota en casa, o CD Barco baixa un posto máis quedando a tan só un do descenso directo. A seguinte cita para intentar salvar a categoría será o vindeiro domingo no campo do CD Choco, faroliño vermello da clasificación en Terceira RFEF.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button