CD BarcoDeportesFútbolGalerías de fotosOurense CFÚltima hora

O CD Barco cae nos últimos minutos do partido ante o Ourense CF en Calabagueiros

Co 0-2 remataba o derbi disputado na tarde deste martes 8 de decembro no Barco de Valdeorras

 

Segundo partido en tres días, segundo derbi provincial e segunda derrota consecutiva para o CD Barco. A Ponte da Constitución, en pleno mes de decembro, non resultou boa deportivamente falando para os rapaces de Manolo Pérez, que veñen de perder os dous últimos partidos de liga en terceira división, o último contra o Ourense CF.

Despois da derrota 4-2 no campo de Espiñedo (no Carballiño) ante o CD Arenteiro, na tarde deste martes 8 de decembro os barquenses saltaban ao terreo de xogo en casa, no campo de Calabagueiros, con varias baixas (Ivi Vales, Omar, Rodri Alonso,…) e xogadores no campo aínda tocados tralas súas lesións. Así e todo tanto os barquenses coma os ourensáns dispuxeron de varias ocasións de gol na primeira parte do encontro, aínda que non chegaban a transformar grazas á boa actuación dos dous gardametas.

 

O capitán do CD Barco, Rubén García, controlando o balón en Calabagueiros.

 

Tralo paso polo vestiario, os goles seguían sen chegar a pesar de que O Barco facía sufrir aos pontinos con máis dunha boa ocasión. Así e todo eran os visitantes os que se adiantaban no marcador no minuto 79 co gol de Sanchís, sentenciando o encontro xa no último minuto, o gol de Pereira, que poñía o 0-2.

Con este resultado o CD Barco baixa ata o sexto posto da táboa con 13 puntos, e o Ourense CF sitúase un por debaixo, con 10 puntos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button