CD BarcoDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco cae pola mínima ante a SD Fisterra en Calabagueiros

Co 0-1 remataba o segundo partido da fase de permanencia en Terceira División disputado na tarde deste domingo 11 de abril

 

Aínda que o CD Barco partía como líder da clasificación no grupo E desta segunda fase da liga, na que loitarán pola permanencia en Terceira División, sabíase que non ía ser doado e os resultados estano desmostrando.

No primeiro partido, disputado na pasada fin de semana, os de Iván González lograban sumar un punto tralo empate a ceros no campo do Paiosaco; pero no segundo, disputado na tarde deste domingo 11 de abril en Calabagueiros, caían pola mínima ante a SD Fisterra.

 

 

Pasadas as cinco da tarda, e tralo minuto de silencio en memoria do deportista valdeorrés Luis Nogueira, falecido hai unha semana, Barco e Fisterra comezaban un partido tenso no que ámbolos dous equipos tiñan as súas oportunidades. Con todo, os visitantes eran máis efectivos e aproveitaban unha falta para anotar o primeiro e único gol do encontro no minuto 20 da primeira metade.

Malia os intentos por parte de ambas escuadras, as oportunidades escapábanse unha tras outra incapaces de mover o marcador, chegando ao 90′ co 0-1.

Con este resultado, os vermellos baixan ata o cuarto posto desta nova clasificación, empatado a 31 puntos co terceiro, o Ourense CF. A seguinte cita será o vindeiro domingo 18 de abril no campo do CD As Pontes.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button