CD BarcoDeportesEn portadaFútbolÚltima horaVídeos

O CD Barco cae pola mínima ante o CD Velle en Calabagueiros

Co 0-1 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 8 de outubro no que se homenaxeaba á ultrafondista Elena Domínguez

 

Pola mínima, pero o CD Barco perdía o partido ante o CD Velle disputado na tarde deste domingo 8 de outubro en Calabagueiros.

 

CD Barco.
CD Velle.

 

Nunha atípica e calurosísima tarde de outubro, o partido comezaba coa homenaxe do CD Barco á últrafondista barquense Elena Domínguez, que facía o saque de honra entre os aplausos do público e dos xogadores que, xa no campo, empezaban con ganas. Cun xogo rápido e dinámico foron varias as opcións por parte de ámbolos dous equipos na primeira parte do partido, aínda que tras varias paradas do gardamenta local, Ricardo Van der Laan, os do Velle acertaban no branco no minuto 26, poñendo o 0-1 no marcador.

 

 

Foi un gol que caeu coma un xarro de auga fría e serviría para que os tres puntos en xogo marcharan para Velle.

 

 

Con este resultado o CD Barco suma 7 puntos e sitúase no 9º posto da clasificación en Preferente Sur. O seguinte partido xogaráo en Redondela no campo do CD Choco.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.
Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/a-barquense-elena-dominguez-fai-o-saque-de-honra-no-cd-barco-cd-velle-en-calabagueiros/

 

Artigos relacionados

Back to top button