Andainas-Trails-OrientaciónCD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

A barquense Elena Domínguez fai o saque de honra no CD Barco-CD Velle, en Calabagueiros

É a homenaxe que o club vermello lle fai á ultradondista tras superar con éxito a proba Spartathlon (Grecia)

 

Non é a primeira vez que logra unha fazaña deportiva pero non todos os clubs poden presumir de contar cunha veciña da talla de Elena Domínguez, a ultrafondista que vén de completar con éxito e cun tempo de 35,10 a Spartathlon (Grecia), unha proba de 246 kilómetros cun máximo de 36 horas.

Por iso dende o Centro de Deportes Barco, con Nilo Ramos á fronte, non querían perder a oportunidade de renderlle unha pequena e merecida homenaxe na tarde deste domingo 8 de outubro.

 

 

Tiña lugar sobre o céspede do campo de fútbol municipal de Calabagueiros, minutos antes do inicio do partido entre o CD Barco e o CD Velle. Entre os aplausos do público e dos propios xogadores, Elena recibía un ramo de flores e unha camiseta do 50º anicersario do CD Barco, antes de proceser a facer o saque de  honra previo ao partido amosando o espírito do club barquense “o espírito con ADN VALDEORRAS”.

 

A ultrafondista Elena Domínguez facendo o saque de honra.

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.
Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/o-cd-barco-cae-pola-minima-ante-o-cd-velle-en-calabagueiros/

 

Artigos relacionados

Back to top button