CD BarcoDeportesEn portadaFútbolGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O CD Barco comeza unha nova e “ilusionante” tempada co regreso a Terceira en mente

 

“Papá, mamá e terceira”, son as tres palabras que segundo Nilo dicen os fillos, aínda pequeniños, polo que “esperemos regresar canto antes”. Contando emocionado esta anécdota dos  seus cativos, remataba o presidente do CD Barco a presentación do equipo para a nova tempada que facían na tarde deste xoves 1 de agosto no campo de fútbol municipal de Calabagueiros.

 

 

Un equipo “con moita xente nova”, a maioría do ano pasado pero tamén novas incorporacións ás que o presidente lles daba as grazas “por confiar neste ilusionante proxecto” que hoxe bota a andar de novo aos mandos de Lino Estévez que estará acompañado por Gafi, Jorge Rodríguez, Ángell Fulla, Gunti e Gaso no corpo técnico.

 

 

“Temos o San Benito de ser probablemente o equipo máis forte da categoría pero iso non nos serve de nada. O que serve é traballar”, dixo Nilo, asegurando que o día a día será quen lles marque o obxectivo de onde queren estar. “Marcaranos o traballo, a ilusión e sobre todo o compañeirismo porque e un deporte de equipo”, aseverou, recoñecendo que non son mellores que ninguén pero non somos inferiores a ninguén tampouco. “Temos un plantel amplo e con ilusión.

 

 

Do compañeirismo falou tamén o míster quen asegurou sentirse un “privilexiado de poder adestrar nestas instalacións e adestrar e ser a cabeza visible deste equipo, e contento co plantel que formamos”, dixo, asegurando que para el o máis importante, ademais de traballar é que “todos estén unidos, nas boas e nas malas, tanto a afección como a directiva, xogadores e corpo técnico. Así lograremos facer un bo ano”, adiantou desexando xa ver xogar aos rapaces.

 

 

Do traballo e forma física falou o alcalde do Barco, Alfredo García que asistía por primeira vez á presentación acompañado polo concelleiro de Deportes Aurentino Alonso e un bo número de afeccionados.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button