CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco comezará a segunda fase da liga este domingo en Laracha contra a UD Paiosaco

No grupo de permanencia en terceira están tamén o Ourense CF e a UD Ourense

Celebrando o gol de Rodri Alonso ante o Choco no último partido da primeira fase en Calabagueiros./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Co partido disputado o pasado domingo ante a UD Atios, o CD Barco completaba a primeira fase da liga en terceira división. Non conseguía meterse nos postos de play off pero a vitoria barquense (1-2) cos goles de Óscar Marín, situábao no 7º posto da táboa desa primeira fase e como líder da segunda que arrancará este domingo.

Os últimos seis equipos de cada subgrupo xúntanse no Grupo de Permanencia no que está en xogo evitar o descenso a Preferente (descenden os oito últimos clasificados), e xunto ao CD Barco con 30 puntos, están o Arzúa con 29, o Viveiro e Ourense CF con 28, o Ribadumia con 26, a UD Ourense con 25, o Estudiantil e o Atios con 20, As Pontes on 19, o Paiosaco con 12 e o Pontellas con 9.

O primeiro rival para os rapaces de Iván González será precisamente a UD Paiosaco que parte da zona baixa do grupo. O partido será este domingo 4 de abril no campo Porta Santa, na localidade coruñesa de Laracha.

Artigos relacionados

Back to top button