Este domingo 2 de marzo, en pleno Entroido, o CD Barco medirase no campo municipal de Calabagueiros co Umia CF.
Os locais chegan ao partido dende a terceira posición, empatado a puntos co Atios e o Beluso tralo empate a uns no campo do Xuv. Cambados; mentres que os visitantes fano dende os postos de descenso.
O partido comezará ás 17:30 horas e para animar o ambiente, a directiva ten preparada para a afección unha tapa de fabada que repartirá como merenda no descanso.