CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco despide a liga en casa cunha contundente vitoria ante o Portonovo SD

Co 3-0 remataba o último partido en Calabagueiros distoutado na tarde deste domingo 12 de maio

 

Despois de sufrir máis do esperado e desexado, o CD Barco quería despedirse da afección ao grande e vaia se o facía. Cun 3-0 ante a SD Portonovo remataba o partido disputado na tarde deste domingo 12 de maio no campo municipal de Calabagueiros, o último en casa da liga na preferente sur Galicia.

Os de Lino Estévez saían ao terreo de xogo dispostos a repetir o resultado da anterior xornada (vencían 1-0 no campo do Antela), inmersos como están na loita pola Copa Deputación, pero non era ata o minuto 26 cando Óscar Martín abría o marcador para o conxunto local. Co 1-0 e logo de moitas e claras oportunidades (pero o balón non quería entrar) chegaba o descanso e habería que esperar ata o minuto 52 para que Judi marcase o segundo. Coa bancada en pé Eric Rellán sentenciaba o encontro co terceiro tanto vermello no minuto 85.

 

 

Para rematar ben a campaña en casa, o Centro de Deportes Barco volvía convidar á afección tanto ao partido, con entrada de balde, como á merenda cun pincho de xamón asado no tempo de descanso.

Amais de pelexar pola Copa (xogará a semifinal contra o Sporting Celanova) o CD Barco porá o broche a esta complicada tempada o vindeiro domingo no campo do Xuv. Cambados.

Fotos: Julio Quintas.

 

Artigos relacionados

Back to top button