CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco despídese da Terceira coa derrota en casa pola mínima ante o Fabril

 

Aínda que leva un par de semanas descendido ao CD Barco houbéralle gustado poñer o punto e final á tempada dando unha alegría a afección. Tiña opcións, xa que xogaba o último partido da liga en casa, no campo de Calabagueiros, pero non pudo ser, caendo pola mínima ante o líder o Deportivo B.

O desta tarde era un partido moi importante sobre todo para os coruñeses. Aínda que O Barco unicamente se xogaba despedirse da categoría cunha vitoria, os de Óscar Gilsanz xogábanse ser campións e conseguir o ascenso a Segunda Federación polo que non estaban dispostos a poñerlle as cousas doadas aos locais. Tal era a importancia deste partido para o Fabril que foron moitos os seareiros que asistían ao partido entre eles o ex xogador do RC Deportivo, Fran.

 

 

Así e todo, lograban rematar a primeira parte a ceros no marcador, tendo que esperar ata o minuto 66 para que David Mella marcase o único tanto que lle daba a vitoria ao Fabril.

Co 0-1 no maracador, na tarde deste domingo 23 de abril o conxunto valdeorrés despedíase da Terceira  deixando atrás moitos anos codeándose cos mellores equipos de Galicia e incluso xogando dúas promocións de ascenso a Segunda Federación.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button