CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco destitúe ao adestrador Héctor Otero

Héctor Otero nun partido do CD Barco en Calabagueiros./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Con 11 puntos en 10 xornadas (2 vitorias, 5 empates e 3 derrotas) está claro que as cousas non están indo segundo o esperado. “O equipo non funciona e temos que darlle unha volta”, asegura o presidente do CD Barco, Nilo Ramos, adiantando a destitución do adestrador Héctor Otero.

“Non o hai máis traballador e bo rapaz e estámoslle moi agradecidos por todo o que leva feito pero non tivo sorte e cando as cousas non saen hai que tomar decisións, aínda que neste caso non sexa a máis xusta”, di Ramos, asegurando que este é  o momento de buscar un revulsivo para o equipo. “Aínda estamos a tempo”, di, deséxandolle a Otero, no seu nome e no de toda a directiva, a mellor das sortes.

 

Artigos relacionados

Back to top button