CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco imponse ao CD Córgomo Vilamartín no derbi comarcal da XLIII Copa Deputación

Co 0-10 remataba o partido disputado na tarde do 6 de decembro en Calabagueiros

 

O bo ambiente nas bancadas malia o frío, marcaba o derbi comarcal da XLIII Copa Deputación de Ourense disputado na tarde do 6 de decembro no campo municipal de Calabagueiros entre o CD Barco de Preferente e o CD Córgomo Vilamartín de Segunda Galicia. Un partido que os vermellos xogaban como visitantes e que se resolvía cun contundente 0-10.

Os de Lino Estévez saían ao terreo de xogo co claro obxectivo de levarse a eliminatoria e resarcirse dos frouxos resultados acadados na liga e “sen forzar moito a máquina, foron quen de acadar unha cómoda vantaxe antes da media hora de xogo”, asegura dende as redes o CD Barco.

Despois, a superioridade dos vermellos víase reflectida nas ocasións e nos goles que se sucedían ata chegar ao resultado final que non deu opción aos de David Pérez. Na primeira parte marcaron Omar no 17′, Cruz no 22′, Javi Pazos no 25′ e no 36′, e Manu no 42′. E xa no segundo tempo, Sergio marcaba no 54′, Juanito Bazo no 65′ de penalti e no 88′ e Isi no 73′ e no 90′.

 

 

Fotos: Julio Quintas.

 

Artigos relacionados

Back to top button