CD BarcoCD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco lévase o “derbi do viño” ante o CD Rúa

Co 1-3 remataba o partido amigable disputado na tarde deste domingo no marco da Baco Festa

 

Un gran ambiente o vivido na tarde deste domingo 13 de agosto no campo de fútbol Vicente Solarat, na Rúa, na que se disputaba o “derbi do viño”. Un partido amigable de pretempada entre dous equipos veciños: o CD Rúa  de Primeira Galicia e o CD Barco de Preferente.

 

Os dous equipos antes de comezar o partido.

 

Un encontro, enmarcado no programa da VIII Baco Festa, que comezaba cun brinde entre ámbolos dous equipos con viño de Valdeorras e a homenaxe que o club rues lle facía ao xove ciclista Sergio Calvo. De seguido, pasadas as sete e cuarto dunha calurosa tarde de agosto e diante dunha gran afección, comezaba o partido que finalmente vencía o conxunto barquense por 1 gol a 3.

 

O míster do CD Barco, Héctor Otero.

 

O míster do CD Rúa, Javier Ferrer.

 

Eran os vermellos os que dominaban o encontro ata que no minuto 12 Manu transformaba un penalti poñendo o 0-1 marcador. Apenas tres minutos despois, nunha contra, era Álex que anotaba para o Rúa transformando outro penalti. Pouco despois, no 20′, Rogério marcaba o segundo para o Barco chegando ao descanso co 1-2 no marcador. Tralo paso polo vestiario, no minuto 56 Manu facía dobrete marcando novamente para o Barco e sentenciando o encontro.

Este era o primeiro partido de preparación para o CD Rúa pero o terceiro para o CD Barco, que vencía 0-2  no campo do CD Brollón e onte perdía 1-2 en Calabagueiros ante a UD Barbadás.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button