CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco lévase o Memorial Miguel Fariñas na tanda de penaltis ante o CD Velle

 

Na tanda de penaltis tras un partido moi igualado. Así conseguía o CD Barco a copa do VIII Memorial Miguel Fariñas disputado na tarde do sábado 19 de agosto en Calabagueiros.

 

Corpo técnico do CD Barco.

 

Como un dos partidos amigables de pretempada se presentaba o partido entre o CD Barco e o CD Velle, que servía tamén como lembranza anual a Miguel Fariñas, fortemente vinculado ao club barquense que conta cunha escultura na entrada do Campo de Calabagueiros, e que finalmente se resolvía a favor do conxunto local nos penaltis tralo empate a ceros.

 

Os adestradores do Velle (esquerda) e Barco (dereita) coa familia de Miguel Fariñas.

 

Dende o club barquense aseguran que as mellores oportunidades para os locais sucedéronse nos intres finais do partido, “con varios remates infrutuosos diante da portaría visitante”. Así, tralos 90 minutos regulamentarios o memorial decidíase dende a liña de penalti, cunha “sucesión de lanzamentos moi atinados por ambas as dúas partes. Só un erro do equipo de Velle no noveno lanzamento, seguido do acerto na execución polo bando local, desequilibrou a balanza a prol dos valdeorreses e deulles a conquista do trofeo en xogo”.

 

Escultura de Miguel Fariñas no campo de Calabagueiros.

 

No campo de fútbol estaba a familia de Miguel Fariñas e a afección que pouco a pouco vai regresando á bancada de Calabagueiros para animar ao equipo nesta nova etapa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button