CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco loitará polo ascenso contra o Ourense CF o domingo 8 de maio no Anxo Carro de Lugo

O partido comezará ás 18 horas e as entradas custarán 10 euros (gratis para os menores de 10 anos)

 

O vindeiro domingo 8 de maio o CD Barco xogará un dos partidos máis importantes dos seus case 50 anos de historia. Tras vencer á UD Somozas (2-3) na semifinal, os de Javier Rey loitarán na gran final do play off de ascenso contra o Ourense CF, nun histórico partido que se disputará o vindeiro domingo 8 de maio no estadio Anxo Carro de Lugo.

Se perden, os vermellos quedarán as portas de lograr un éxito dando por boa unha campaña que os levou a pelexar de ti a ti contra os mellores equipos da categoría. Pero se ganan, o club que dirixe Nilo Ramos fará historia, ascendendo a 2ª RFEF só un ano antes de conmemorar o 50 aniversario.

Será pois un partido con moita presión na que os valdeorreses esperan contar de novo coa súa incondicional afección. Comezará as 18 horas coas cámaras do En Xogo TVG2 en directo. As entradas custarán 10 euros podendo acceder gratis os menores de 10 anos.

As fotos da galería, de Julio Quintas, son da semifinal disputada no Vero Boquete de San Lázaro, en Santiago.

 

Artigos relacionados

Back to top button