CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco non pode co Porriño Industrial pero mantén o liderato

Co 3-6 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 10 de novembro en Calabagueiros

 

Tarde de goles en Calabagueiros que non serviron para que que o CD Barco sumara unha nova vitoria. Neste domingo 10 de novembro os de Lino Estévez perdían 3-6 nun intenso partido contra o Porriño Industrial.

 

 

Era Manu quen adiantaba aos barquense no marcador co primeiro gol da tarde no minuto 14, que empataban os pontevedreses no 40′. Cinco minutos despois volvían marcar, anotando de novo no 57′. Os vermellos reaccionaban e no 66′ Ariel poñía o 2-3, resultado que duraba pouco xa que no 75′ transformaba un penalti poñendo o 2-4. O quinto gol visitante chegaba dous minutos despois e o sexto no 83′.

 

No minuto 90, rozando xa o final Sidibé anotaba o terceiro local, sen tempo xa para máis. Malia este traspés o CD Barco mantén o liderato con dous puntos de vantaxe sobre o segundo, o CD Beluso co que se medirá na seguinte xornada, no campo As Laxes.

 

 

Como xa vén sendo habitual, no descanso do partido a afección tiña merenda por xentileza da directiva, nesta ocasión a base de chourizos asados.

 

 

Fotos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button