CD BarcoDeportesÚltima hora

O CD Barco pasa as probas do Covid-19

Corpo técnico e xogadores foron citados ás 18:30 h. no concello

O corpo técnico e os xogadores do CD Barco pasaron nesta tarde de 10 de xuño as probas para descartar posibles casos de Covid-19. Foron citados ás 18:30 h. no concello pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF) e todos deron negativo.

Este encontro serviu para que o equipo retome os adestramentos, xa que levan desde mediados de marzo sen adestrar conxuntamente. Ademais, a proba é decisiva para que o CD Barco poida xogar o play off de ascenso a segunda División B. A semifinal será o 18 de xullo contra o SD Compostela no Estadio Municipal de Balaídos.

 

Repulsa do CD Barco ao racismo. Foto cedida.

 

Fotos da galería: Alba Prada

 

Artigos relacionados

Back to top button