CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco repartirá 5.000 entradas gratis para o partido do 5 de marzo ante o Arteixo

Serán repartidas entre os clientes do comercio asociado ao CCA e nos centros educativos de Valdeorras, Viana do Bolo, Trives, Manzaneda, Quiroga e Puente Domingo Flórez

 

Un ano máis a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco e o Centro de Deportes Barco suman forzas para poñer en marcha a campaña “CD Barco, ou noso futuro é a túa ilusión” que consiste na repartición de 5.000 entradas gratuítas para o partido do próximo 5 de marzo, ás 17:15 horas, no campo de fútbol de Calabagueiros, ante o Atlético Arteixo.

As invitacións, para un neno e dous adultos, repartiranse nunha decena de establecementos asociados ao CCA O Barco, cuxos clientes son maioritariamente nenos e xoves afeccionados ao deporte, entre os que se atopan librerías, tendas de deportes ou informática, e tendas de agasallos. Así, os comerciantes entregarán aos seus clientes entradas co obxectivo de promocionar o deporte, e facilitar o acceso ao campo aos seguidores máis novos do equipo de fútbol barquense.

 

 

Pola súa banda o CD Barco repartirá pases para o partido entre os centros educativos de Valdeorras, Viana do Bolo, Trives, Manzaneda, Quiroga e Puente Domingo Flórez.

A presentación da campaña tiña lugar na mañá deste xoves na praza do Concello do Barco, contando coa presenza do presidente do CCA O Barco, Jacobo Arias; do presidente do CD Barco, Nilo Ramos; do vicepresidente, Juan Carlos Vidal; do coordinador da base, Agustín Rellán; e do concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso.

No acto, o presidente do CD Barco aproveitou para lembrar que o ano pasado a campaña foi un éxito con con máis de 2.500 escolares cos pais no campo, destacando que este ano por primeira vez contan con equipos en todas as categorías “algo moi difícil de sacar e imposible sen a colaboración dos pais pola situación do Barco xeograficamente”, dixo Nilo.

 

Artigos relacionados

Back to top button