CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Barco salva un punto tralo empate en casa co CD Choco

Co 1-1 remataba o partido disputado no campo municipal de Calabagueiros

 

Malia o xogo, as ganas e as intencións, ao CD Barco séguelle custando puntuar. Así e todo, na tarde deste frio domingo 25 de febreiro lograba salvar un punto tralo empate en casa co CD Choco.

 

 

Na xornada 23 de Preferente Sur, na que a directiva do Centro de Deportes Barco convidaba aos afeccionados a caldo, os de Lino Estévez saltaban ao terreo de xogo con moita enerxía e, tralo minuto de silencio polas vítimas do incendio de Valencia, comezaba un intenso partido no que xeraban moitas ocasións. Incluso lle anulaban un gol por estar en fóra de xogo, unha decisión arbitral moi criticada tanto polos xogadores como polo corpo técnico e afección, pero era o Choco o que abría o macador co gol no minuto 20.

 

 

Co 0-1 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario continuaba a mesma tónica tendo que esperar ata o 90′, rozando xa o tempo de desconto, para que Konaté igualase o marcador.

Co empate a uns o CD Barco suma 25 puntos situándose no posto 14 da clasificación. As seguinte cita será en San Pedro, no campo do Vilalonga.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button