CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O Barco suma os 3 primeiros puntos da tempada tras vencer ao Alertanavia

Co 3-1 remataba o partido da 2ª xornada na Preferente Sur disputado en Calabagueiros

 

O CD Barco non podía rematar as Festas do Cristo de mellor forma. Cunha contundente vitoria e os tres primeros puntos da tempada, remataba o partido disputado na tarde deste domingo 17 de setembro no campo de fútbol de Calabagueiros.

Trala derrota 3-1 no campo do Juvenil Ponteareas, o CD Barco de Héctor Otero saltaba ao terreo de xogo disposto a dar unha alegría a afección. Pola súa parte o Alertanavia chegaba a Calabagueiros cunha vitoria no peto e tampouco estaba disposto a deixarse ganar, sendo o primeiro en marcar, aproveitando un erro local, no minuto 15. Dez despois Pazos poñía o 1-1 co que chegaba o descanso.

 

O míster do CD Barco, Héctor Otero.

 

Tralo paso polo vestiario e con enerxía renovadas, O Barco adiantábase no marcador co gol de Manu no minuto 72 e sentenciaba o enconto co tanto de Óscar Martón no 82′.

Con este resultado os vermellos sitúanse no oitavo posto da clasificación. O seguinte partido será no campo do CD Allariz.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button