CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Barco suma tres puntos de ouro e convida á afección a merendar

Co 1-0 remataba o partido disputado ante a UD Atios no campo municipal de Calabagueiros

 

Conforme se acerca o final da liga van mellorando as cousas para o CD Barco que vén de sumar 3 puntos máis trala vitoria pola mínima ante a UD Atios.

Logo da vitoria 0-2 no tempo de desconto ante o Cultural Areas, na tarde deste domingo 24 de marzo o equipo sénior do Centro de Deportes Barco saltaba ao terreo de xogo en Calabagueiros disposto a seguir sumando e non defraudaba. Nunha soleada e calurosa tarde que favorecía a asistencia de numerosa afección nas bancada, o CD Barco-UD Atios correspondente á xornada 27ª na preferente Galicia sur, foi un partido intenso con moita acción e oportunidades para ambos equipos aínda que era Óscar Cruz que acertaba de pleno na portería visitante co único gol do partido no minuto 33.

 

 

Co 1-0 chegaba o descanso no que a afección era convidada polo Centro de Deportes Barco a unha boa merenda a base de Hot Dog. E de regreso ao terreo de xogo, máis do mesmo pero sen goles, rematando o partido coa vitoria local e tres puntos máis que saben a gloria, aínda mellor que os perriños quentes.

Así e todo, o bo resultado non chega aos de Lino Estévez para afastarse da zona baixa baixa aínda que si do descenso. O seguinte partido será no campo da Gándara conta o CD Valladares (3º clasificado).

Vídeo do gol de Óscar Cruz: https://youtube.com/shorts/wUkn9-ZF1LU?feature=share

Fotos: Mónica G. Bellver
Vídeo: Sandra García

Artigos relacionados

Back to top button