CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco suma un punto máis tralo empate en Calabagueiros co Villalonga

Co 1-1 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 22 de outubro

 

Sen chegar ao resultado desexado o equipo sénior do CD Barco vai sumando puntos na Preferente Sur e, tralo empate a dous da pasada semana no campo do Choco, vén de salvar outro punto tralo 1-1 logrado hoxe en casa ante o Villalonga FC.

 

Hidalgo, mítico dianteiro do CD Barco recibe unha camiseta do club.
Os xogadores do Barco celebrando o gol.

 

Afección barquense nas bancadas de Calabagueiros.

 

O partido da xornada 7, disputado na tarde deste sábado 22 de outubro en Calabagueiros, comezaba co equipo vermello lucindo a camiseta morada en apoio á Carreira das Cidades contra o cancro de páncreas e de seguido ámbolos dous equipos tomaban posicións sobre o terreo de xogo.

 

 

Malia os intentos do equipo local, era o Villalonga quen dominaba na primeira metade adiantándose no marcador cun gol no minuto 31. Co 0-1 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario os de Héctor Otero saíron co obxectivo de recurtar distancias gozando de boas ocasións. Así e todo o balón non quería entrar e non era ata avanzado xa o partido, no minuto 84, cando Jvai Pazos poñia o empate no marcador. A partir de aí os dous equipos tentaban volver marcar pero o resultado xa non se movería.

 

 

Na seguinte xornada os valdeorreses viaxarán ata o campo da Senra para enfrontarse ao CD Ribadumia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button