DeportesFútbolÚltima hora

O CD Caldelao pide “solucións con urxencia” para o campo de fútbol O Teso

 

“Despois de máis dun ano e medio con numerosas reunións e falsas promesas, volvemos plantarnos no mes de abril sen que apenas o Concello fixera obras no campo de fútbol municipal”. Quen fala é o presidente do CD Caldelao lamentando que O Teso “segue no mesmo estado deplorable que estaba fai un ano, e pese a insistencia da directiva do CD Caldelao, dos seus xogadores e da veciñanza de Castro Caldelas o campo segue sen arreglarse”.

 

 

Aseguran descoñecer “o motivo ante tanta pasividade, pero a lóxica e o sentido común fainos ver definitivamente que o dito ata agora non son máis que meras excusas para alongar a situación”. Así, os veciños e o equipo “cansos de ter que desprazarse ao concello veciño todas as fins de semana piden solucións con urxencia” para poder xogar no seu campo na vindeira tempada “o que reduciría os custos e aumentaría considerablemente os beneficios ademáis de que así poderiase desfrutar do fútbol outra vez en Castro Caldelas”, aseguran, destacando que o equipo estase matendo “grazas á colaboración dos establecementos locais e dos veciños, aos cales estamos máis que agradecidos, xa que sen eles, non sería posible”.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button