DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo homenaxeará a Lolo (Santa Marta) no partido co CD Viana o 23 de marzo no Campiño de Viloira

A el está adicado o viño A Cercada de Viñaredo que vén de sacar ao mercado a adega valdeorresa

Lolo vendimando na viña A Cercada.

 

Santa Marta vén de sacar ao mercado un novo viño adicado a Manuel Álvarez, a cuarta elaboración de viño godello da adega de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). Teñen viño xove, viño tostado, o Fardelas e agora A Cercada de Viñaredo en homenaxe ao “avó Lolo”.

 

 

Pai de Chus e membro activo da adega, Lolo era un traballador máis en cada vendima, un viticultor apaixoado e unha persoa especial, un “ser de luz” que transmitía felicidade, alegría,… Falecía en 2016 e na adega pensaron que xa era hora de facerlle unha merecida homenaxe en forma de viño.

Pero A Cercada non é un viño máis senón que ten unha historia detrás. A da viña de nome homónimo que Lolo traballaba cando era xove con caballería e soñaba con adquirir, un soño que facía realidade unha vez xubilado.

 

 

Parte desa historia cóntaa a etiqueta da botella coa sinatura de puño e letra do propio Lolo cando mercou a viña; co home arando,… e será presentada no vindeiro partido do CD Córgomo Vilamartín (líder do grupo en 2ª Galicia) en casa. Será o sábado 23 de marzo ás 17 horas no Campiño de Viloira (O Barco) no derbi co CD Viana (segundo clasificado) no que renderán homenaxe ao alegre e traballador Lolo.

 

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button