En portadaÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín comeza a súa primeira pretempada

 

“A ver se conseguimos facer algo bonito. Só pola ilusión que teñen xa paga a pena intentalo”. Quen fala é Jesús Álvarez, o adestrador do CD Córgomo Vilamartín que na tarde deste luns 8 de agosto comezaba a súa primeira pretempada.

E facíao co equipo practicamente ao completo (21 xogadores máis o corpo técnico e colaboradores) no campo de fútbol do Bañadoiro. O mesmo no que o vindeiro 11 de setembro comezarán a liga en Segunda Galicia.

 

O adestrador do CD Córgomo Vilamartín, Jesús Álvarez.

 

Nesta tempada 2022/2023, a primeira na súa historia, competirán entre outros con equipos con moitos anos ás costas como o CD Trives ou o CD Rúa, e para poñerse a punto adestrarán durante este mes que teñen por diante tres días á semana (luns, mércores e venres). “Despois xa só serán dous días por cuestión de traballo e estudos dos xogadores porque hai que ser conscientes da categoría na que estamos”, asegura o míster, ilusionado e expectante a partes iguais.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button