DeportesEn portadaFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín homenaxea a Luciano Quiroga e golea ao Parada do Sil en Viloira

Co 8-0 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 5 de marzo no Campiño (O Barco)

 

Dende o inicio de tempada, a primeira na súa recente historia, alá polo mes de setembro de 2022, o CD Córgomo Vilamartín vén homenaxeando a través dos carteis anunciadores dos partidos na casa, a aquelas persoas que fixeron grande o seu pobo, estén ou non con nós. “Trátase de homenaxear á esa xente que lembramos dun xeito especial, que deixaron un recordo bonito, en calquera faceta, podendo incluso non ser de Córgomo”, puntualizan dende a directiva. Unha forma bonita, emotiva e orixinal de anunciar os partidos e convidar á afección ao campo, sendo o primeiro homenaxeado Francisco Guitián ‘O Fardelas’.

 

 

Homenaxe do CD Córgomo Vilamartín a Luciano Quiroga.

 

Despois virían outros moitos (a Señora Pacita, Jess Carrera, Miguel González,…) e na tarde deste domingo 5 de marzo tocáballe o turno ao entrañable Luciano Quiroga, veciño de Córgomo falecido hai uns anos, ao que máis alá do recoñecemento no cartel, rendían homenaxe no terreo de xogo, contando coa presenza de familiares e compañeiros de Asfaval.

Coa lembranza a Luciano comezaba o partido correspondente á xornada 22 en Segunda Galicia que enfrontaba no Campiño de Viloira ao CD Córgomo Vilamartín e ao Parada do Sil CF. Un partido que os locais resolvían sen problema e por goleada (8-0).

 

Once titular do Parada do Sil.

 

Jairo abría o marcador para os valdeorreses no minuto 7 e tan só 2 despois Borjas transformaba un penalti poñendo o 2-0. No minuto 11 marcaba Brais, no 21′  Pablo vega e no 27′ Borjas poñía o seu segundo da tarde. Co 5-0 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario continuaba a goleda. Íker marcaba no 67′, Alexandre no 74′ e xa no 88′ Borgas facía triplete, anotando o seu terceiro gol do partido.

Co 8-0 os rapaces de Jesús Álvarez sumaban a vitoria número 15 da tempada, no cuarto posto da clasificación empatados a 46 puntos cos tres primeiros (CD Rúa, CD Viana e Piñeira Seca). A seguinte cita será precisamente contra o novo líder, o Rúa, no campo Vicente Solarat Maceda.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button