DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín porá un bus para que a afección acompañe ao equipo no partido en Xinzo

O Antela B-CD Córgomo Vilamartín disputarase o sábado 25 de marzo

 

A cabeza da clasificación no grupo 3 de Segunda Galicia está que arde, con varios equipos loitando, con moi pouca diferenza de puntos, por facerse coa liga.

Un deses equipos é o CD Córgomo Vilamartín, o equipo valdeorrés que en menos dun ano de historia ten gañado por méritos propios o seu oco no alto da táboa.

Tralo empate na pasada xornada ante o Viana, os de Jesús Álvarez teñen na vindeira fin de semana un importante partido para seguir pelexando polo ascenso. Será en Xinzo de Limia ante o Antela B o sábado 25 de marzo. “Dependemos de nós mesmos e máis que nunca precisamos da nosa afección”, aseguran dende o club que decidía poñer un bus para todo aquel que queira acompañar e animar ao equipo. Sairá ás 14:30 horas dende a praza de Córgomo e custará 8 euros por persoa.

Os interesados poden poñerse en contacto co club a través das redes sociais do CD Corgomo: Instagram, FacebookTwitter e tamén no WhatsApp: 611 503 247.

Artigos relacionados

Back to top button