DeportesEn portadaFútbolÚltima horaVídeos

O CD Córgomo Vilamartín presenta en casa aos equipos sénior e xuvenil para a tempada 24/25

 

Tal como veñen facendo dende a fundación do club, hai tres anos, o CD Córgomo Vilamartín presentaba en casa aos equipos (sénior e xuvenil) que van competir na tempada 24/25 que comezará en setembro.

Facíao na noite do domingo 28 de xullo no marco das festas de Santa Marta, patroa de Córgomo, diante de boa parte da incondicional afección que leva tres anos seguíndoo fielmente.

 

 

Xa dende a tarde andaban os xogadores e directivos pola praza, vendendo camisetas e bufandas e facendo socios, pero era no descanso da orquestra Fania Blanco Show cando se subían ao escenario para dirixirse ao público. No acto, presentado por “O Cuco das festas”, ían nomeando aos xogadores de ambos equipos que levarán as cores de Córgomo e Vilamartín por toda a provincia.

 

 

Do equipo xuvenil que se constituía xa o ano pasado, forman parte Isaias, Cos, Rubo, Sama, Nico, Martín, Guerra, Aaron, Saúl, Gorka, Leo, Bicho, Izan, Rodrax, Dani, Íker, Miguel e Víctor.

 

 

O equipo sénior, que nesta tempada militará en Primeira Futgal tralo ascenso, seguirá un ano ás ordes de David Pérez e Marcos Yáñez, e conta cun completo platel: na portería Pablo Conde e Ricardo (procedente do Cacabelense); na defensa Guitián, Thomas, Deivis (procedente do Arenas), Tafaro (Fiano), Romano, García, Anxo e Jairo; no mediocampo Pinto, Álex Domínguez (procedente do Rúa), Sylla, Dani, Joni e Reguera (procedente do Cacabelense); e na dianteira Vidal, Samu (procedente do Lemos), Rubén, Jes (fichaxe sen club de procedencia), Britez (procedente do Benavente), Borgas, Plumi e Kiwi.

 

 

Na presentación, o presidente do club Jorge Guitián agradecía a colaboración de empresas e afeccionados, mentres que o míster David Pérez, aseguraba traballar duro para conseguir os mellores resultados.

 

 

Fotos e vídeo: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button