DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O CD Córgomo Vilamartín presenta en casa os equipos para a nova tempada

O acto no que daban a coñecer os nomes dos xogadores do equipo sénior e xuvenil, tiña lugar no marco das Festas de Santa Marta, en Córgomo

 

Nacía hai un ano en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) por iso as festas patronais da localidade eran un ano máis o marco idóneo para a súa posta de longo.

Na noite do sábado 29 de xullo día de Santa Marta e tralo pase da tarde da orquestra Ritmo Joven, tiña lugar a presentación oficial do CD Córgomo Vilamartín, o club que despois de loitar polo play off de ascenso no seu primeiro ano en competición, afronta a segunda tempada da súa historia con aínda máis ilusión, se cabe, con novo corpo técnico (David Pérez e Marcos Yáñez “Madroa”) e tamén un equipo de xuvenís.

 

 

Así, nun ambiente festivo sen igual, trala actuación musical e animados polo público, segundo os ían nomeando ían subindo ao palco da orquestra xogadores, corpo técnico e colaboradores. Do equipo sénior forman parte Alberto Conde, Jorge Guitián Jairo Gómez, Manu González, Brais Vidal, Álex Rubio, Dani Real, Rubén Fernández, Pablo Conde, Iván Vedo, Donovan, Manu Thomas, Mambito, Juan Borgas, Anxo, Sylla, Plumi e Joni (os catro últimos non puederon estar na presentación).

 

 

O equipo xuvenil que se estreará en Primeira Autonómica baixo as ordes de Manu Glez (xogador do primeiro equipo), está formado por: Kiko, Cos, Rubén, Sama, Nico, Martín, Sergio, Íker, Saúl, Guerra, Isaías, Dani, Aarón, Pablo e Íker.

No apartado de colaboracións están os delegados Koko e Tury; o fotógrafo Torfy; e a polivalente Uxía Conde. Do club tamén forman parte os pilotos de enduro Álex, Teixeira e Jairo.

 

 

A presentación foi unha auténtica festa non exenta de momentos emotivos como o que protagonizou Alberto Pinto que malia estar renovado, dubidaba sobre a súa posibilidade de xogar por culpa dunha lesión.

 

 

Na xornada poñíase tamén en marcha a campaña de simpatizantes 2023/2024 coa vende de abonos (básico: 20€ e premium: 50€) así como das novas camisetas do club (porteiro, local e visitante). Tal como adiantan dende a directiva, a camiseta que utilizarán como visitante terá tons dourados en homenaxe ao pobo de Córgomo “tamén chamado balcón de ouro”.

 

 

https://youtu.be/PyZN5nHFGh4

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button