É o seu sinal de identidade, o seu futuro e o seu orgullo. A base é a gran aposta do CD Rúa, dende os máis pequenos ata os maiores, e a que máis alegrías lle está dando ao club rues.
De feito, no mes de abril e antes de rematar a tempada, o equipo infantil celebraba o ascenso á liga interprovincial. Era o grupo A quen lograba o ascenso trala vitoria en casa 5-1 ante o Ourense CF SAB B pero o éxito é de todos os cativos que xogan indistintamente en ambos grupos (A e B).

Na parte técnica, os adestradores Juan Carlos, Jose Hervella e Daniel González, coa incondicional colaboración de Marcos Trebolle, lograban sacar o mellor de cada xogador durante a tempada, poñendo a guinda co merecido ascenso. Parabéns!
Fotos cedidas.
Vídeo: Verónica Vieira G. de Por las Ramas, encargada da fotografía e RRSS do C.D. Rúa.