CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa amosa o seu orgullo polo fútbol base “o noso sinal de identidade”

Sete xogadores da canteira amarela participaron no Campionato Galego de Seleccións Comarcais

 

Non lograban grandes resultados pero só o feito de participar é motivo de orgullo para o seu club. Dende o CD Rúa aseguran estar encantados de aportar 7 xogadores á Selección Ourensá de Fútbol que vén de participar no Campionato Galego de Seleccións Comarcais (Unai Núñez dos Santos, Alexis Núñez Moldes, Jose Hervella Álvarez, Andy Paradelo Blanco, Adrián Anta Rodríguez, Iris Acevedo Blanco e Isabel Delgado García).

En féminas, na categoría Sub11 Ourense sumaba 3 puntos tras vencer en Dumbría a Lugo (1-0) e perder contra Vigo (8-0); contra Ferrol (0-3); e contra Santiago (3-0). Na categoría Sub14 Ourense lograba 1 punto en Cee logo de perder contra Vigo (2-0) e empatar con Ferrol (0-0).

 

 

Con respecto aos rapaces, na categoría Sub11 Ourense sumaba 4 puntos logo de vencer a Lugo (5-1); empatar con Ferrol (1-1); e perder contra Vigo (3-0) e Santiago (2-0). E na categoría Sub13 Ourense lograba 3 puntos logo de vencer a Ferrol (1-0) e perder contra Vigo (1-0).

Dende o CD Rúa aseguran que seguirán traballando na mesma liña, “orgullosos da canteira amarela, orgullosos do fútbol base, o noso sinal de identidade”, agradecendo a “todas as nais e pais facer tan grande esta familia”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button