CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa anima á afección a encher de amarelo o campo no partido da fase de ascenso ante o Taboadela

O encontro será este domingo 22 de maio ás 18 horas no Vicente Solarat Maceda

 

Co 1-2 ante Vilar de Barrio (goles de Samuel no minuto 56 e de Alberto no 86′) o CD Rúa pechaba unha fantástica liga regular como líder do seu grupo cun total de 69 puntos (22 vitorias, 3 empates e 1 derrota).

Pero a tempada non remata aí e os de Javier Ferrer están xa preparando a fase de ascenso a Primeira Galicia. Unha fase que se celebrará a tres partidos e que comezará para os rueses este domingo 22 de maio. Será contra a UP Taboadela no campo Vicente Solarat Maceda ás 18 horas.

Para animar ao equipo na consecución do seu obxectivo, dende a directiva do Rúa convidan á afección a asistir ao campo de amarelo, cor central da equipación ruesa “e poderás gañar 1 xamón ou unha cea para 2 no Mesón O Poldo”, din. Todo o que vaia de amarelo recibirá gratis unha rifa para participar no sorteo.

 

Artigos relacionados

Back to top button