CD RúaDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

O CD Rúa cae en casa ante o Verín no inicio da segunda volta en Primeira Galicia

Co 0-4 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 14 de xaneiro no campo Vicente Solarat Maceda

 

Na tarde deste domingo 14 de xaneiro o CD Rúa comezaba a segunda volta da liga en Primeira Galicia. Facíao en casa, no campo Vicente Solarat Maceda contra o Verín CF, nun partido que se saldaba coa derrota local por 0 goles a 4.

 

 

Tral vitoria pola mínima no campo do Monterrey (gol de penalti de Álex) co que remataban a primeira volta, os de Ferrer saltaban ao terreo de xogo en casa con ganas de repetir resultado, amosando de novo o desexo dunha pronta recuperación para “Villa”, o membro da directiva atropelado hai menos dun mes mentres traballaba no Barco de Valdeorras.

 

 

Así, tras a mensaxe de ánimo en forma de lona, comezaba un duro partido no que, malia os intentos locais, o Verín amosaba a súa superioridade transformada nos catro goles marcados, dous en propia meta polo Rúa (Dani no minuto 8 e Luis no 16′).

 

 

Nunha tarde relativamente cálida, na que sorteaban un botelo, e malia o resultado, o campo de fútbol rues amosaba unha boa entrada.

 

 

Con este resultado o CD Rúa mantense no fondo da clasificación mentres o Verín sube ao terceiro (postos de promoción). A seguinte cita para os amarelos será no campo do líder, o Cartelle.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button