Custou máis do esperado pero finalmente o CD Rúa cumpría o dobre obxectivo desta tempada: o título de liga e o merecido ascenso a Primeira Galicia.

Ámbalas dúas metas eran alcamzadas na tarde deste domingo 14 de maio no campo do Agro trala vitoria 3-5 ante o CD Trives. Nese campo o equipo ao completo, directiva e moitos afeccionados celebrabran a vitoria con abrazos, botellas de champán, brincos, berros e manteando ao adestrador. Pero a celebración real, con comida e bebida tiña lugar unha hora despois, xa de regreso a casa, no campo de fútbol Vicente Solarat Maceda.
Alí, a marea amarela fundíase esperando xa o seguinte reto, a Copa Deputación que xogarán o mércores 17 de maio. Pouco despois os xogadores seguían a festa pola Rúa, con foto na prensa da rotonda.
Fotos e vídeo cedidos.