CD RúaDeportesEn portadaFútbolGalerías de fotosÚltima hora

O CD Rúa mantén o liderato tras golear ao Rocas CF no Vicente Solarat

Co 5-0 remataba o partido da xornada 23 disputado na tarde deste domingo 24 de abril

 

Cun minuto de silencio polo recente falecemento de Antolín Rodríguez, ex directivo e socio do CD Rúa, comezaba o partido da xornada 23 en Segunda Galicia no campo Vicente Solarat Maceda entre o CD Rúa e o Rocas CF.

Un partido que se poñía de cara para os locais xa no minuto 5 co temperán gol de David González. Así e todo, os visitantes tamén atacaban, tendo varias opcións de gol e defendían con ganas a portería, rematando a primeira parte co 1-0 no marcador.

 

Once inicial do CD Rúa no partido ante o Rocas.

 

Tralo paso polo vestiario os locais impuxeron a súa superioridade marcando outros catro goles que lle daban a contundente vitoria 5-0. Cotarelo marcaba no minuto 47; Lora no 53′ e Samu completaba o resultado con dous goles case seguidos, un no minuto 83 e outro no 88.

Con este resultado o CD Rúa mantén o liderato en solitario con 60 puntos. O seguinte partido, xa o 1 de maio, levará aos rapaces de Javier Ferrer ata o campo do Piñeira Seca FC, terceiro clasificado.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button