Dúas de tres. Na tarde deste sábado 21 de setembro o CD Rúa sumaba a segunda derrota da tempada, desta volta en casa, no campo Vicente Solarat Maceda.
Hai tres semanas o campo rues acollía a estrea da tempada para os amarelos cunha vitoria (2-0) ante o Taboadela pero unha semana máis tarde perdían (4-1) no campo do Rocas CF e hoxe volvían caer, nesta ocasión contra o Coles que chegaba dende a zona alta da clasificación e superaba aos rueses por un contundente 0-3.
A seguinte cita do CD Rúa nesta campaña en Segunda Futgal será no campo de Habelosa, contra o Toén FS.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.