
Coa vitoria local e unha forte trifulca se resolvía o partido da Copa Deputación disputado na tarde deste martes 1 de novembro entre o CD Rúa e a UD Covadonga.
Tralo empate a dous no marcador o partido chegaba á tanda de penaltis a favor do conxunto local, pero o partido estivera xa marcado dende o principio por continuas disputas entre xogadores e sobre todo afeccionados, con insultos e incluso algunha agresión. “Sempre que vén este equipo hai bronca”, conta un testemuño presencial, asegurando que a cousa non chegou a maiores pero si se requeriu a intervención da Garda Civil e da Policía Local.
“A afección visitante viña con bombos, petardos e vengalas e o árbitro pedíu que houbera unha parella da Garda Civil no campo. Ao final houbo insultos e algunha patada”, engade o testemuño. Unhas desafortunadas accións que empañaron o encontro.