CD RúaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Rúa pecha unha gran tempada coa vitoria do equipo infantil B ante o Barbadás

Co 7-3 remataba o último partido de liga disputado na mañá deste sábado 10 de xuño no campo Vicente Solarat Maceda

 

Na mañá deste sábado 10 de xuño o equipo infantil B do CD Rúa pechaba a tempada no segundo posto da clasificación (con 79 puntos), trala contundente vitoria 7-3 ante a EDC Barbadás B no partido da última xornada da liga en Segunda Galicia (Grupo 1), disputado no campo Vicente Solarat Maceda.

Remataba así unha gran tempada para o CD Rúa, equipo con máis de medio século de historia, que lograba o obxectivo para o seu equipo sénior dirixido por Javi Ferrer: o regreso á Primeira Galicia como campión de liga. Tal como explican dende o club e vendo o nivel dos dous partidos da Copa Deputación disputados contra equipos de Primeira, pensan que poden competir perfectamente nesa categoría, para o cal empezarán a prepararse tralo parón estival, de novo ás ordes de Ferrer.

 

 

Con respecto á valoración que fan dos xgadores que o fixeron posible, aseguran que o mellor podería ser calquera dos veteranos “Bruno, Juanma ou Makay que volve para o ano que vén, pero eu voume quedar con Berto polo futuro que lle espera e que nos pode dar porque é un xuvenil, a base que temos no club que é a canteira pola que temos que apostar para que xoguen no primeiro equipo”, asegura Bolo, directivo e adestrador xunto a Makay do equipo infantil B, que sente unha “debilidade especial por Iris” aínda que recoñece que “todos son especiais”.

Bolo asegura que para os nenos quedar segundos na liga “é un premio” e destaca que ten moito mérito cando se compite contra equipos como o Verín, Xinzo ou Pabellón e aquí teñen vinte nenos xustos (da Rúa, Trives, O Barco) tendo que tirar moitas veces de alevíns.

 

 

O feito de que na categoría infantil sexan o segundo mellor equipo de Ourense en Segunda e o quinto mellor en Primeira é todo un logro para ao conxunto amarelo, “mérito dos nenos en primeiro lugar pero tamén dos pais e nais sen os cales non sería posible”. De feito e xa pensando na vindeira tempada, piden ao Concello que “que nos pague directamente os autobuses porque non queremos sangrar aos pais”.

De cara ao futuro, a aposta do CD Rúa segue sendo fomentar e mimar a base para que o primiero equipo teña futuro. “Vímolo este ano xa que a maioría dos xogadores do equipo sénior, de ata seis xeracións diferentes, saíron da canteira do Rúa. Esa é a clave”, sentencia Bolo.

 

 

Fotos e vídeo: Verónica Vieira/ Por las Ramas Estudio.

 

Artigos relacionados

Back to top button