DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O CD Rúa perde o primeiro partido de liga no Aguillón

0-2 perdía contra a SD Meliás na tarde do 11 de setembro

Frouxo comezo para o equipo sénior do Club Deportivo Rúa, que vén de perder no campo do Aguillón por 0 goles a 2 contra a S.D. Meliás, o primeiro rival na liga de segunda autonómica que arrancaba na tarde do domingo 11 de setembro.

Despois de moito tentalo e tras varias oportunidades fallidas, o rival adiantábase no marcador no minuto 19 da man de Francisco Diaz. Os locais reclamaban fóra de xogo pero a colexiada daba por válido o tanto. Xa no minuto 39 Ángel González volvía marcar para o Meliás, deixando o marcador co 0-2 que xa non se movería.

Con respecto ás tarxetas, polo Rúa vían dobre cartón amarelo Juan Suárez e o míster Javier Ferrer; e polo Meliás, cartón amarelo Ángel González.

A nota curiosa do encontro atopámola no sorteo entre os que mercaron rifas. Nin máis nin menos que un flamante galo.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button