CD RúaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Rúa recibe a camiseta asinada polo persoal do CD Extremadura 1924

 

Dúas semanas despois de que alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, entregara en Almendralejo unha camiseta asinada por todo o persoal do CD Rúa que está, como o CD Extremadura 1924, inmerso na loita polo ascenso, o club rues recibía a camiseta asinada polo persoal do conxunto estremeño.

O acto tiña lugar na tarde deste sábado 6 de maio, durante o dencanso do CD Rúa-Parada do Sil, penúltimo partido de liga en Segunda Galicia disputado no campo Vicente Solarat Maceda.

 

 

Sobre o terreo de xogo e antes de pasar polo vestiario, o alcalde rues Álvaro Fernández e o concelleiro Raúl Yáñez, facían entrega da camiseta do CD Extremadura 1924 aos xogadores e técnicos do Club Deportivo Rúa.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver
Vídeo cedido.

Artigos relacionados

Back to top button