CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa vence no segundo partido da pretempada, en casa ante o Quiroga FC

 

Dúas semanas despois do “debi do viño” ante o CD Barco que vencía no campo de fútbol Vicente Solarat, o CD Rúa disputaba o seu segundo amigable da pretempada. Facíao de novo en casa, desta volta ante o Quiroga FC, nunha calurosísima tarde-noite de agosto.

 

 

Pasadas as nove da noite do martes 22 de agosto os rapaces que adestra Javi Ferrer saían ao terreo de xogo para poñer a proba o que levan de preparación de cara á súa estrea en Primeira Galicia e tras unha primeira parte sen goles tralo paso polo vestiario marcaban Jorge Lora e Eric para o conxunto amarelo rematando o partido co 2-0 final.

 

 

Fotos: Verónica Vieira/ Por las Ramas Estudio.

Artigos relacionados

Back to top button