CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa Veteranos viaxa ata Granada para participar nun torneo internacional e solidario

 

Na madrugada deste venres 3 de xuño os veteranos do CD Rúa partían rumbo a Granada, onde se celebrará esta fin de semana unha nova edición do Torneo Internacional de Fútbol Veterano (V+35 e V+45) ‘Ciudad de la Alhambra’.

Non é a primeira vez que a expedición ruesa (coa bandeira da Rúa e o apoio do Concello, empresas e veciños da localidade valdeorresa), participan neste torneo. De feito vivían unha gran experiencia na edición de 2019, antes da pandemia, pero si será o regreso do equipo de veteranos do Rúa á competición despois de dous meses de parón, de aí a ilusión e enerxía que transmiten.

 

 

Considerado o “torneo máis importante do fútbol veterano a nivel europeo”, este torneo nacía coa idea de “xuntar nun mesmo evento fútbol, compañerismo, competición e solidariedade”, as seás de identidade do “Ciudad de la Alhambra” cuxa recadación vai destindada a dúas nenas con parálise cerebral.

O conxunto rues xogará no grupo F, tendo o primeiro partido ás 9:15 horas de mañá sábado contra os veteranos do Cantera Atlética, na Sede Las Gabias (Bañón y Sánchez).

 

Artigos relacionados

Back to top button