CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

O CD Trives cae en casa ante o CD Espadana

Co 0-4 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 23 de outubro no campo do Agro

 

Complicada xornada para o CD Trives, a celebrada na tarde deste domingo 23 de outubro no campo do Agro, marcada polo temporal de vento e chuvia que remataba coa derrota local.

 

CD Espadana.
CD Trives.

 

Os rapaces de David Pérez non dan atopado o seu xogo e no que vai de tempada suman xa cinco derrotas en seis partidos. A última tiña lugar hoxe en casa, no partido disputado ante o CD Espadana que se adiantaba no marcador xa no minuto 3.

 

O xogador do Trives dirixe a acción no campo do Agro.

 

O presidente do CD Trives, Javier Carballo, recollendo os balóns.

 

Malia que os triveses lograban manter o 0-1 durante toda a primeira parte, tralo paso polo vestiario os visitantes recargaban as pilas e seguían anotando na portería defendida por Carlos. No minuto 61 marcaban o segundo gol e só dous minutos despois poñían o terceiro, sentenciando o encontro no 71′ co 0-4 final.

 

O míster, David Pérez, no banquiño do CD Trives.

 

Con este resultado os triveses sitúanse no posto 11 do seu grupo en Segunda Galicia, cos tres puntos conseguidos trala vitoria 6-0 ante o Sarreaus na xornada 5.

Malia a climatoloxía adversa e o resultado, eran moitos os afeccionados que seguían o encontro nas bancadas e a pé de campo. O seguinte partido do Trives será no Campo da Corga, ante o CD Vilar de Barrio.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button